A OPTI da Cámara da Coruña reúne a 15 empresas tecnolóxicas da India con varias compañías galegas

martes, 4 de novembro do 2025 S. P.

Dende o Club Cámara Noroeste da Coruña anuncian que mañá acollerán o encontro Synergy Nexus de Startup.ST, en colaboración coa Oficina de PromociónTecnolóxico-Industrial Impulsada pola Cámara da Coruña (OPTI), que ten como obxectivo achegar os ecosistemas tecnolóxicos español e indio.
Indo á xornada, dicir que terá lugar de 10 a 13: 15h e serán 15 empresas tecnolóxicas da India as que visitarán A Coruña co gallo de explorar oportunidades de colaboración, investimento e expansión en sectores como a Intelixencia Artificial, blockchain, industria 4.0, saúde dixital e sostibilidade.
O programa do evento é o seguinte:
· 10:00 h: Benvida institucional da man de Daniel Tafalla (xerente da OPTI).
· 10:15 h: A área da Coruña como destino tecnolóxico; con Natalia Barros (directora da Oficina Económica de Galicia- IGAPE) e Pablo J. Román (project manager, Galicia Green DC- Nostrum Group).
· 10:45 h: A área da Coruña e Ferrol, nodo loxístico estratéxico do Atlántico; con Irene Souto (xefa de desenvolvemento Portuario e Comercial, Autoridade Portuaria da Coruña) e Javier Calviño (Xefe de Desenvolvemento Portuario e Dominio Público, Autoridade Portuaria de Ferrol).
· 11:15 h: Ecosistema TIC, IA e Deeptech da área; con Antonio Rodríguez del Corral (presidente do Clúster TIC Galicia), Susana Ladra (catedrática, Cátedra IA Inditex-UDC), Nuria Establés Rodríguez (conselleira técnica, AESIA) e Eugenia Vieites (técnica de Relacións Internacionais, CITIC- UDC).
· 12 h: I+D+i e capacidades tecnolóxicas da área; con Marcos Ortega (catedrático, Grupo VARPA UDC), Shaila Calvo (senior eHealth Research Engineer, Gradiant), Alexandre Teijeiro (International Business Development, Gradiant) e José Ramón Búa (director de negocio, ITG Drone Solutions).
· 12:45 h- 13:15 h: Pitch das empresas indias participantes. Presenza salientable: Raj Kapoor (fundador e CEO da India Blockchain Alliance), unha das figuras máis influentes no desenvolvemento de tecnoloxías blockchain e sustentables a nivel global.