A Oficina de Software Libre de Ames organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice
venres, 10 de maio do 2024
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da ConcellarÃa de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice. Esta actividade desenvolverase o sábado 11 de maio en horario de 11:00 a 13:00 horas. Será impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxÃas en Software Libre. A inscrición pódese realizar xa en liña.
Esta é a segunda actividade da programación de 2024. Desta volta, verase como aproveitar algunhas das caracterÃsticas que incorpora LibreOffice, e que son menos coñecidas polos usuarios desta suite ofimática, como compartir documentos cos usuarios doutras ferramentas ofimáticas, configurar correctamente o idioma preferido, exportar documentos a PDF hÃbrido ou como asinar dixitalmente un documento.
As persoas participantes deberán levar un equipo propio cunha instalación de LibreOffice. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón. A actividade impartirase na Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames, situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:00 a 13:00 horas.
Divulgación das novas tecnoloxÃas en software libre
Cómpre lembrar que a Oficina de Software Libre centra as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxÃas en programas abertos e non privativos entre os grupos sociais menos favorecidos. Para conseguilo, impártense cursos de formación e realÃzanse actividades de alfabetización dixital para aquelas persoas que o necesiten. Ademais, ofrécese axuda para resolver dúbidas relacionadas coa tecnoloxÃa e establécese como punto de encontro onde aprender, compartir e construÃr.
Durante o pasado curso a Oficina desenvolveu diferentes actividades de formación e divulgación de tecnoloxÃas de software libre. En concreto, realizou o obradoiro Aforra na túa factura da luz; outro sobre Automatización da túa casa, controla o teu fogar; e un terceiro denominado Repair café de equipos informáticos.