A Oficina de Software Libre de Ames organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterÃas
mércores, 19 de xuño do 2024
O sábado 22 de xuño organÃzase unha nova actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre, unha iniciativa impulsada por AGASOL coa colaboración da ConcellerÃa de Benestar Social do Concello de Ames. A Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL).
Esta é a terceira actividade da programación de 2024. Desta volta, as persoas asistentes poderán ver as opcións dispoñÃbeis para converter en eléctrica a nosa bicicleta, consellos sobre mantemento e reparacións das bicis, asà como consellos para o mantemento das baterÃas dos aparatos eléctricos/electrónicos.
A actividade impartirase na Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames, situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:00 a 14:00 horas. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón, ou enviando un correo a osla@agasol.gal.
Cómpre lembrar que a Oficina de Software Libre centra as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxÃas en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Para conseguilo, impártense cursos de formación e realÃzanse actividades de alfabetización dixital para aquelas persoas que o necesiten. Ademais, ofrécese axuda para resolver dúbidas relacionadas coa tecnoloxÃa e establécese como punto de encontro onde aprender, compartir e construÃr.
Durante o pasado curso a Oficina desenvolveu diferentes actividades de formación e divulgación de tecnoloxÃas de software libre. En concreto, realizou o obradoiro Aforra na túa factura da luz; outro sobre Automatización da túa casa, controla o teu fogar; e un terceiro denominado Repair café de equipos informáticos.