A Orah 4i unha nova cámara pensada na emisión en directo de vÃdeo de 360 graos
mércores, 6 de abril do 2016
Para facilitar a retransmisión de contidos de vÃdeo en
directo de realidade virtual
VideoStitch anuncia hoxe a cámara Orah 4i,
que rexistra vÃdeo en 4K a 30 imaxes por segundo en 360 graos, o que permite aproveitar
as numerosas plataformas de vÃdeo en liña que se sumaron á tecnoloxÃa de vÃdeo
en 360 graos coa que conséguese unha boa experiencia de usuario con cascos de
realidade virtual, e que até o 30 de
abril venderán a 1.795 dólares (despois o prezo subirá até os 3.595
dólares), aÃnda que os compradores terán que agardar ao mes de xullo para
recibir as primeiras unidades desta cámara.
Dende VideoStitch aseguran que até o momento o fluxo de traballo para a
realidade virtual en vivo dependÃa dunha matriz de cámaras nun soporte, tendo
que manipular distintos cables, tomas de corrente e outros pequenos
compoñentes, e coa Orah elimÃnanse esas ineficiencias e redúcense potenciais fallos,
conseguindo crear un sinal de vÃdeo de calidade. Amais, a Orah 4i non se limita
a recoller de xeito envolvente o vÃdeo, senón que tamén fai o mesmo co audio,
permitindo asà que o espectador sinta unha maior sensación de inmersión.
Esta nova cámara de 360 graos produce vÃdeo compatible con Facebook, YouTube,
Vrideo, Littlstar, Bitmovin e outras plataformas de vÃdeo, á vez que tamén pode
transmitir en directo mediante RTMP (estándar empregado por YouTube, Wowza,
Akamai, Bitmovin, Ustream, Livestream...). En definitiva, que este sistema será
compatible con calquera plataforma de vÃdeo envolvente tanto para a
retransmisión de vÃdeo como para a publicación de vÃdeos gravados.
Tecnicamente falamos dun produto que combina 4 cámaras ollo de pez con sensores
Sony EXMOR (cunha resolución individual de 2.048 x 1.536 pÃxeles), equipadas
con 2 procesadores Ambarella e 4 micrófonos de rango dinámico, integrado todo
nun corpo de só 80 x 70 x 65 milÃmetros e 482 gramos de peso. Este hardware
pode conectarse a unha unidade (equipada cun procesador Intel, unha gráfica
nVIDIA e unha unidade SSD de 120 GB) para a transmisión en directo que consegue
xerar un vÃdeo de 4.800 x 2.400 pÃxeles a 30 cadros por segundo, con vÃdeo en
H.264 a entre 5 e 25 Mbps, que pode gravarse en disco, transmitirse a
servidores que soporten RTMP ou incluso compatible con HLS para smartphone,
cartón de Google e Gear VR. Dende VideoStitch decidiron separar a cámara da
unidade que chaman stitching box para
facilitar que a cámara poida colocarse no medio da acción, mentres que a caixa
que transmite en directo pode estar até a 100 metros de distancia (por exemplo,
fóra do escenario onde transcorre a acción) conseguÃndose asà unha solución
completa moi versátil.
Temos asà unha solución que, aÃnda que non resulte especialmente económica,
pode resultar atractiva para quen queira realizar retransmisións en 360 graos
dun xeito profesional.
VÃdeo de presentación da Orah 4i