A PENTAX K-3 pode controlarse vÃa web
martes, 8 de outubro do 2013
Para os afeccionados ás cámaras DSLR dende Ricoh están
ofrecer a nova PENTAX K-3,
un produto robusto e completo que conta cun sensor CMOS APS-C, pode disparar
8,3 imaxes por segundo, inclúe tecnoloxÃa de filtrado de suavizado
seleccionable, dúas rañuras para tarxetas SD (o que facilita a separación de
imaxes JPEG e RAW, prestación realmente interesante para usuarios de tarxetas
Eye-fi para facilitar a transferencia sen fÃos das imaxes en JPEG), e incluso
unha boa gravación de vÃdeo en alta definición.
Aparte das mencionadas tarxetas Eye-fi, a PENTAX K-3 é compatible coas tarxetas
de memoria PENTAX FLU SDHC, que dotan ás tarxetas de conectividade Wi-Fi pero
tamén permite que dende un ordenador ou dende outro dispositivo poida tomarse
control da cámara a través dun navegador web, facilitando tanto a visualización
en tempo real da imaxe que capta a cámara como axustar a obturación e o punto
de enfoque automático, ou incluso ver as imaxes gravadas na tarxeta de memoria.
Esta nova cámara sairá á venda en novembro a un prezo de 1.299,95 dólares (958
euros) para o seu corpo ou de 1.699,95 dólares (1.253 euros) cun obxectivo DA
18-135 mm F3.5-5.6 WR.