A PS Store amplía as súas rebaixas de verán

mércores, 2 de agosto do 2017 Marcus Fernández

A PlayStation Store continúa coas súas rebaixas de verán, e para animar aos xogadores a ampliar a súa colección de xogos en formato descargable engaden novas ofertas moi apetecibles de xeito que fai máis accesibles títulos como Horizon Zero Dawn, Call of Duty: Black Ops III Gold Edition, The Last of Us Remastered ou Sniper Elite 4.
Como exemplo das ofertas podemos mencionar Horizon Zeron Dawn a un prezo de 33,99 euros, Sniper Elite 4 a 29,99 euros, WipEout Omega Collection a 24,99 euros, Nioh a 28,99 euros, Gravity Rush 2 a 24,99 euros ou incluso o lote de clásicos de PS2 de Rockstar Games (que inclúe os xogos Canis Canem Edit, Max Payne, The Warriors, Red Dead Revolver e Manhunt por só 29,99 euros) o que é unha boa oportunidade para gozar destes títulos en PS4.

Horizon Zero Dawn é posiblemente a oferta máis destacable nas renovadas rebaixas de verán da PS Store

PUBLICIDADE