A PS Vita terá numerosos accesorios e venderase en distintas cores
venres, 16 de setembro do 2011- Asà será a caixa xaponesa de Uncharted: Golden Abyss
Estes
dÃas durante o Tokyo Game Show foron moitos os anuncios sobre a Nintendo 3DS e
a PS Vita, e aÃnda que esta última consola portátil non vaia chegar ao mercado
nipón ata mediados de decembro, durante o evento puideron verse tanto as caixas
nas que van venderse a consola como o
deseño de caixas dos xogos, asà como numerosos accesorios e mesmo a
sorpresa de que, pese a que ata o momento só viramos a consola en cor negra,
poderÃa estar dispoñible en multitude de cores (nun
expositor habÃa consolas portátiles con carcasas vermellas, laranxas, verdes,
grises, azuis, púrpuras...) polo que parece que Sony xa está a planificar
todo un ecosistema de produtos ao redor da súa nova consola.
Entre os xogos dos que puido verse o deseño xaponés da súa caixa (e da tarxeta
de memoria co xogo en cuestión) estaban Everybody’s
Golf 6, Gravity Daze e o emblemático Uncharted:
Golden Abyss. No que a accesorios para a PS Vita se refire
puidéronse ver fundas protectoras, auriculares, cargadores para o automóbil,
cables, bases de carga e incluso comentouse a existencia dunha baterÃa externa
para suplir a deficiente
autonomÃa da consola (que só aguantarÃa entre 3 e 5 horas de xogo fóra de
liña).
- A PS Vita venderase en distintas cores