A PS Vita terá un Super Monkey Ball</Em> de seu

luns, 12 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Super Monkey Ball naceu como máquina recreativa no Xapón no ano 2000 e pronto pasou a consolas de videoxogos como a GameCube de Nintendo e a N-Gage de Nokia, para gozar máis adiante de secuelas para moitas plataformas (Game Boy Advance, PS2, Xbox, Wii...) destacando recentemente o seu desembarco no iPhone e no iPad, polo que pilla por sorpresa que agora SEGA anuncie que a primeiros de 2012 vaia lanzar unha nova entrega da saga para a PlayStation Vita de Sony.
O novo Super Monkey Ball contará coa presenza de AiAi, MeeMee, Baby e GonGon, que volverán a recoller plátanos na nova consola portátil de Sony, aproveitando as funcións única deste novo dispositivo, como os seus 2 mandos analóxicos ou as súas superficies táctiles.
Esta saga volve con mundos totalmente novos, mini xogos orixinais e gráficos actualizados, permitindo tamén competir entre ata 4 amigos en modos multixogador a través de Wi-Fi.


Trailer de presentación de Super Monkey Ball para PS Vita

Nesta nova entrega da saga volveremos a contar con AiAi, MeeMee, Baby e GonGon

PUBLICIDADE