A PS3 actualiza o seu software de sistema á versión 3.70

mércores, 10 de agosto do 2011 Marcus Fernández

A PlayStation 3 recibe hoxe a súa actualización do software do sistema, que chega á versín 3.70 e que inclúe novas características de PlayStation Network e cambios no menú XMB, mentres que os membros de PlayStation Plus tamén poderán gozar da sincronización automática de trofeos de PlayStation Network e a subida automática de partidas gardadas no seu almacenamento en liña (servizo exclusivo para subscritores).
O principal cambio do menú XMB consiste no cambio de nome da sección TV por TV/Video Services, onde aparecerán servizos de vídeo en streaming dispoñibles para España. Tamén se actualiza a Galería de fotos, que agora soporta fotografías en formato MPO, ou sexa, imaxes 3D e fotografías con múltiples ángulos; a reprodución de contidos Blu-ray 3D tamén mellora co soporte de contido Blu-ray Java (BD-J).
Para a descarga desta última actualización para a PS3 é preciso contar cun mínimo de 190 Mbytes de espazo de disco libre.

PUBLICIDADE