A PlayStation 3 actualÃzase para adaptarse á chegada da PS Vita
mércores, 30 de novembro do 2011
Sony Computer Entertainment anunciou que esta
semana vai chegar á PlayStation 3 a versión 4.0 do seu firmware, que principalmente prepara á consola doméstica de
Sony para funcionar en conxunto coa nova consola portátil PS Vita, que estes
dÃas chegará ao Xapón e que dende
hoxe tamén pode reservarse en España (aÃnda que non chegará ao noso mercado
ata o 22 de febreiro de 2012). Deste xeito será posible copiar xogos, música,
fotografÃas e vÃdeos entre unha PS Vita e unha PS3, gardar copias dos datos da
PS Vita no disco duro da PS3 e actualizar a PS Vita empregando as
caracterÃsticas de rede da PS3.
Tamén se engaden axustes de privacidade na PlayStation Network (para filtrar as
peticións de amigos e as mensaxes) e os membros de PlayStation Plus poderán
activar ou desactivar cada función de actualización automática.