A PS3 adianta o que podería ser o seu salto ás 3D

martes, 13 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Para percibir as 3D na PS3 é preciso empregar unhas lentes polarizadas

A xente de Blitz Games aseguraba estar a traballar nunha tecnoloxía que permitirse levar as 3D á PlayStation 3 de Sony, e no CES de Las Vegas se puido ver un adianto do que será este novo xogo de entender os videoxogos, aínda que só en forma de vídeos nos que se podían ver xogos coma Gran Turismo 5 Prologue, WipEout HD e Motorstorm: Pacific Rift, que grazas a lentes polarizadas toman un realismo sen precedente, pois as imaxes cobran unha profundidade impresionante.
As demostracións realizadas en Las Vegas facían uso da tecnoloxía RealD, pero para que esta experiencia chegue aos fogares non se precisará só dunha PlayStation 3 e dunhas lentes polarizadas, senón que o televisor tamén deberá ser bastante moderno (soportando velocidades de refresco de 120 Hz) polo que facer dos xogos en 3D unha realidade comercial podería demorarse bastante, aínda que Sony estima que será posible ver este tipo de xogos en 2010.


Reportaxe de IGN sobre as 3D na PlayStation 3

PUBLICIDADE