A PS3 terá xogos 3D en xuño, pero deberá agardar para o soporte de Blu-ray en 3D
luns, 19 de abril do 2010
Dende Sony levan
tempo anunciando que o vindeiro verán publicarán unha actualización para a
PlayStation 3 que achegará as 3D á súa consola, de aà que moitos fabricantes
estean a introducir no mercado distintos televisores preparados para esta
tecnoloxÃa, pero os consumidores sentiranse parcialmente decepcionados, pois
veñen de matizar que o firmware da PS3 que estará dispoñible en xuño só
activará a experiencia de visión estereoscópica nos videoxogos, concretamente
en 4 tÃtulos descargables (Wipeout HD,
Motorstorm Pacific Rift, PAIN e Super Stardust HD) que poderán descargar de balde os usuarios que
merquen o novo televisor LED de Sony (modelo HX803), pero que para
pode gozar de pelÃculas 3D en Blu-ray haberá que agardar a finais de ano,
cando chegará unha nova actualización da PS3 que permitirá a reprodución de
pelÃculas adaptadas para a súa visualización con lentes activas.
Sony tamén está a preparar o lanzamento de varios reprodutores de Blu-ray
compatibles coa tecnoloxÃa 3D.