A PS3 vende máis que a Xbox 360 en Europa

mércores, 7 de maio do 2008

David Reeves confirmou en Londres que a PlayStation 3 de Sony está a vender máis en Europa que a Xbox 360 dende outubro de 2007, pese a que a consola de Microsoft se comezou a vender 16 meses antes e o seu prezo é moito menor.
Estes datos resultan curiosos pois a nivel global a Xbox 360 ten colocadas o dobre de unidades que a PS3, o que parece xustificarse pola boa acollida da consola de Microsoft nos EE.UU.

PUBLICIDADE