A PS4 que celebra os 20 anos da PlayStation ofrecerase a través dunha poxa solidaria

venres, 5 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Para celebrar o 20º aniversario Sony da primeira consola PlayStation vai lanzar unha edición limitada da PlayStation 4 personalizada coa aparencia da consola orixinal, comercializando só 12.300 unidades en todo o mundo, e que, respondendo a esta dispoñibilidade tan cativa, decidiron fuxir das canles de distribución habituais e veñen de desvelar que o xeito de compra será unha poxa solidaria que destinará 350 unidades ao mercado español.
Actualmente xa temos unha páxina web na que poder inscribirnos para recibir un aviso cando se inicie a poxa (e poder participar), que terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro, e que destinará os beneficios desta iniciativa a UNICEF e a Juegaterapia. Cómpre lembrar que o prezo de referencia da edición especial desta PS4 é de 499 euros, polo que o prezo final que acade nas poxas é de agardar que sexa bastante superior ao que estamos a feitos a ver nas tendas.


Vídeo no que anuncian a poxa da edición limitada 20º aniversario da PS4

PUBLICIDADE