A PS4 supera a barreira dos 6 millóns de unidades vendidas

martes, 4 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Sony continúa a presumir de volume de vendas da súa nova consola doméstica, a PlayStation 4, asegurando que grazas á súa estrea no Xapón conseguiu superar a barreira dos 6 millóns de unidades a nivel mundial, aínda que sorprendentemente parece estar a ter unha mellor acollida en occidente que no seu país natal.
O que queren destacar dende Sony é que con esta nova xeración de consolas estase a consolidar o uso da conexión á Internet nas consolas, de xeito que nos EE.UU. máis do 90% das PS4 estarían conectadas á Rede, facilitando o xogo en grupo e tirar proveito das novas posibilidades sociais da PS4, que incluso cota cun botón no mando para compartir as nosas mellores xogadas cos amigos, o que teríase feito máis de 100 millóns de veces.
Actualmente hai máis de 3,6 millóns de emisións en directo de partidas e máis de 56 millóns de espectadores en PS4 a través de Twitch e Ustream, podendo salientarse que no que vai de ano os xogadores de PS4 xa supoñen o 20% das emisións diarias de Twitch (plataforma de vídeo en directo de grande éxito entre os xogadores de todo o mundo).

PUBLICIDADE