A PS4 terá un pack que incluirá Far Cry Primal

xoves, 21 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

A nova entrega de Far Cry é unha arriscada aposta de Ubisoft na que, en vez de optar por acción nun mundo moderno, atrévese a trasladar a saga á prehistoria, de xeito que poderemos vivir unha aventura de supervivencia na que unha tribo humana deberá enfrontarse a mamuts e tigres dentes de sable en plena Idade de Pedra.
Pero parece que Ubisoft non é a única compañía que confía no éxito de Far Cry Primal, e Sony anunciou que co lanzamento do xogo, o vindeiro 23 de febreiro, estreará tamén un lote da súa PlayStation 4 en cor negro e con disco duro de 1 TB que incluirá este novo título de acción primitiva que podería ser unha das grandes revelacións da primeira metade do ano.

Tráiler de Far Cry Primal

PUBLICIDADE