A PS4 terá unha edición especial inspirada en Final Fantasy XV

mércores, 14 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Os seareiros da franquía Final Fantasy estarán contentos de saber que o xogo Final Fantasy XV para PlayStation 4 chegará a España por unha edición especial e limitada da consola de Sony, que chegará ás tendas o 29 de novembro e que no venderíase nun lote que inclúe unha PS4 con disco duro de 1 TB e carcasa personalizada coa temática do xogo, un mando sen fíos DUALSHOCK 4 e a edición de luxo de Final Fantasy XV (que, aparte do xogo en disco, tamén inclúe a película Kingsglaive: Final Fantasy XV en Blu-ray).
Para os que non sexan quen de facerse con esta edición especial da PS4 (no modelo renovado que sae á venda o vindeiro venres) tamén estará dispoñible unha edición estándar da PlayStation 4 co xogo Final Fantasy XV en disco, na liña da meirande parte de lotes de consola + xogo que saen habitualmente á venda e que son todo un éxito en períodos como a campaña de Nadal.

A PS4 tamén poderá mercarse nunha edición estándar coa vindeira entrega de Final Fantasy

PUBLICIDADE