A PS4 terá unha edición limitada inspirada en Call of Duty: Black Ops III
mércores, 23 de setembro do 2015
Un dos
grandes xogos da campaña do Nadal, Call
of Duty: Black Ops III, que non chegará ás tendas até o 6 de novembro, vai
chegar da man de Sony, compañía que conseguiu roubar a franquía a Microsoft, de xeito que serán as PlayStation as
que reciban os contidos descargables do xogo de xeito anticipado (cando no
pasado eran as consolas Xbox as que gozaban de tal deferencia) e, para fornecer
a posición de Sony tamén teremos edicións
limitadas da PlayStation 4 que comercializaranse co xogo.
Así, cando o xogo chegue ás tendas tamén estará dispoñible unha rechamante
versión da PlayStation 4 baseada no modelo negro da consola, pero incluíndo
detalles gráficos de Call of Duty: Black
Ops III, así como un rechamante mando DUALSHOCK 4 que en cores gris e
laranxa que resulta aínda máis salientable, aínda que non sempre para ben, xa
que non faltan os medios especializados en videoxogos que definen
esta consola como “fea coma un demo”. O lote inclúe disco duro de 1 TB e a
edición estándar do xogo xunto co mapa multi-xogador NUK3TOWN (dispoñible para
os que reserven o xogo). Por fortuna, a
consola tamén se venderá nunha edición coa PS4 de 1 TB co deseño negro
ordinario, de xeito que os seareiros da franquía vélica de Activision poderán
elixir se optan ou non polo deseño máis arriscado.
- Sony tamén venderá lotes coa PS4 Jet Black de 1 TB co xogo