A PS5 Pro sairá á venda o 7 de novembro
martes, 10 de setembro do 2024
Tras moitos rumores hoxe anunciouse oficialmente que o vindeiro dÃa 26 abriranse as reservas da PlayStation 5 Pro, consola que chegará ás tendas o vindeiro 7 de novembro a un prezo de 799,99 euros cun almacenamento interno de 2 TB, un mando sen fÃos e unha copia preinstalada do xogo Astro’s Playroom, pero sen unidade óptica (que poderá adquirirse por separado).
A PS5 Pro é unha consola que mantén a mesma linguaxe de deseño, cun tamaño lixeiramente superior ao modelo de consola actual, pero mellorando principalmente o seu apartado gráfico para que os xogos poidan presentar maior nivel de detalle e conseguir taxas de fotogramas máis próximas ás 80 imaxes por segundo que perseguen moitos xogadores.
A gráfica da PS5 Pro mellora un 67% en potencia de cálculo e un 28% en velocidade da súa memoria, o que supón unha mellora xeran nos xogos de ata o 45%. Tamén integra unha tecnoloxÃa de trazado de raios avanzada e un escalado de imaxe mediante IA coñecido como PlayStation Spectral Super Resolution, que promete imaxes máis nÃtidas e detalladas grazas ao uso de tecnoloxÃa de machine learning.
AÃnda que haberá xogos que se actualizarán para optimizarse para PS5, a consola conta con PS5 Pro Game Boost, tecnoloxÃa que pode aplicarse a uns 8.500 xogos de PS4, que mellorarán asà o seu desempeño, mentres que moitos grande xogos de PS5 publicarán actualizacións de balde, como Alan Wake 2, Demon’s Souls, Final Fantasy 7 Rebirth, Horizon Forbidden West ou Marvel’s Spider-Man 2, e moitos outros.
Estamos ante unha xogada semellante a cando se lanzou a PS4 Pro, ou sexa, que temos unha versión actualizada da consola actual para os xogadores máis esixentes, pero os que estean conformes co desempeño da súa consola actual poden aforrar dar o salto a unha máquina máis potente.
Tráiler de presentación da PS5 Pro

- A PS5 Pro é lixeiramente máis grande que a PS5 actual
