A PS5 continuará a ser difÃcil de mercar en 2022
xoves, 11 de novembro do 2021
A
PlayStation 5 chegou hai un ano ao mercado anunciando que as
consolas non chegarÃan a estar presentes nos estantes das tendas fÃsicas,
xa que Sony quixo priorizar a venda en liña e as reservas como unha aposta pola
seguridade en tempos de pandemia, situación que non mudou en todos estes meses
ante a falta de existencias dunha consola da que conseguÃronse vender preto de
14 millóns de unidades pese ás dificultades que aseguran que non cesarán en
2022.
Dende
Boomberg veñen de advertir que nos vindeiros meses poderÃa ser incluso máis
complicado facerse cunha PlayStation 5 xa que as previsións de fabricación
de consolas de Sony de cara aos seus balances económicos está a axustarse á
baixa ante as dificultades para abastecerse de semicondutores e as moitas
limitacións loxÃsticas. Detallas que Sony tiña previsto que no mes de marzo de
2022 a PS5 puidese superar os 16 millóns de consolas vendidas, pero agora baixan
a marca aos 15 millóns, o que indicarÃa que están a atopar serios problemas na fabricación
e distribución de consolas.
Tendo en conta que se achega o Black Friday e que as compras actuais están
claramente orientadas ao Nadal, pode entenderse que estamos ante un ano máis
sen a PlayStation 5 nas cartas aos Reis Magos ante a imposibilidade de facerse
coas consolas no escenario actual, existindo auténticas carreiras cada vez que
chegan unhas poucas unidades ás tendas, que esgótanse en poucos minutos.
A isto hai que sumar que os establecementos están a aproveitar a oportunidade
para incrementar a súa facturación, de xeito que as poucas consolas que reciben
non as ofertas de xeito independente, senón que as venden acompañadas por xogos
e accesorios, polo que operacións que normalmente serÃan de 400-500 euros rematan
pechándose no contorno dos 700 euros.
En calquera caso cómpre lembrar que ante a dificultade de facerse coa PS5 e o xigantesco
parque de consolas PS4, os grandes xogos de PlayStation previstos para os
vindeiros meses (incluÃndo as secuelas de God of War e Horizon Zero
Dawn) chegarán tamén para as consolas da anterior xeración, de xeito que hai
poucos incentivos para o salto de xeración.