A PSP-E1000 estreará versión branca en xullo

martes, 29 de maio do 2012 Marcus Fernández

Sony quere celebrar o verán co lanzamento dunha versión da súa consola portátil PSP-E1000, que chegará nunha cor branca xeo e que estará dispoñible dende xullo a un prezo estimado de 99,99 euros, o que é unha oportunidade para poder gozar do amplo catálogo de xogos para PSP que hai agora que está a rematar o seu ciclo de vida (pois a súa sucesora, a PS Vita, leva varios meses á venda). A adquisición desta nova PSP pode resultar interesante para quen desexe facerse con algún dos xogos co selo PSP Essentials, que poden adquirirse por 9,99 euros en formato físico, pois non podemos esquecer que a PS Vita dixo adeus a unha retrocompatibilidade total por carecer de unidade UMD, o que impide o uso dos vellos xogos de PSP (agás que se merquen coma contido descargable).

A nova consola pode ser unha interesante compra para quen queira gozar de xogos a un prezo atractivo

PUBLICIDADE