A PSP contará cun xogo de chapas

venres, 22 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O xogo incluirá publicidade de varios patrocinadores

O xogo PlayChapas Football Edition creado pola empresa española Zinkia (coñecida por series de animación coma Pocoyó e Shuriken School) para PSP presentouse na Games Convention de Leipzig, de xeito que os asistentes á feira de videoxogos máis importante de Europa puideron probar unha copia xogable do que será este xogo de simulación de fútbol-chapa. Tamén se aproveitou a ocasión para presentar o trailer deste orixinal título.
Este xogo de chapas virtual contou coa colaboración de Coca-Cola, BBVA e 40 Principales, que o utilizan coma canle promocional, e tamén é a primeira incursión da división de videoxogos de Sony no desenvolvemento dun videoxogos totalmente en español.
O xogo promete ser divertido e para mellorar o seu atractivo o seu prezo tamén será popular, pois sairá a 29,99 euros (mentres que as estreas para a consola portátil de Sony normalmente custan 39,99 euros).


Trailer do xogo de Zinkia

PUBLICIDADE