A PSP terá un paquete co novo Metal Gear Solid: Peace Walker

xoves, 21 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A saga de Metal Gear Solid é unha das que ten máis peso para Sony, e o feito de que o seu creador, Hideo Kojima, estea involucrado na creación do novo xogo Metal Gear Solid: Peace Walker para PSP (a primeira vez que participa na creación dun xogo para unha consola portátil, pese a que xa existían títulos anteriores da franquía para esta plataforma) é garantía de éxito, polo que prepáranse para un grande lanzamento do xogo no Xapón o vindeiro 18 de marzo, que virá acompañado por paquetes especiais da consola portátil de Sony (que posiblemente tamén poñan á venda en Europa, ante a expectación que está a causar o xogo).
Deste xeito, por 26.980 iens (209,36 euros) poderase mercar unha PSP cunha copia do xogo, unha funda, unha correa e un pano de limpeza, mentres que os consumidores que paguen 36.980 iens (286,96 euros) poderán facerse cunha edición limitada de 1.974 unidades que tamén incluirá un soporte para a consola, dúas chapas identificativas e un libreto.

PUBLICIDADE