A PlayStation 3 recibe 4 novos xogos Platinum
luns, 5 de setembro do 2011
Os videoxogos
para consolas de alta definición chegan ás tendas a uns prezos sumamente
elevados que non están ao alcance de todos os petos, pero a paciencia de moitos
xogadores vese recompensada con importantes rebaixas que nalgúns casos
oficialÃzanse, como na liña de xogos Platinum para PlayStation 3, na que fan
unha selección dos mellores xogos ofrecéndoos a 29,99 euros (o que en moitos
casos e menos da metade do prezo orixinal) e que agora
recibe a 4 grandes xogos como son Gran
Turismo 5, LittleBigPlanet 2, Killzone 3 e Motorstorm Apocalypse.
Gran Turismo 5 é o xogo de condución máis
agardado da historia (por terse demorado varios anos o seu desenvolvemento) e o
primeiro da súa franquÃa en soportar carreiras en liña de ata 16 xogadores e danos
nos vehÃculos, polo que é unha compra obrigada para os amantes do xénero;
mentres que os que gocen menos da simulación poden optar polo espectacular Motorstorm Apocalypse. Con Killzone 3, en cambio, os seareiros dos shooters terán un xogo ideal para
aproveitar ao máximo o potencial da PS3, quedando LittleBigPlanet 2 como un xogo para toda a familia, especialmente
pensado para usuarios creativos que gustasen da súa primeira entrega.