A PlayStation 4 recibirá este mesmo ano unha nova versión de SingStar
mércores, 21 de maio do 2014
Aproveitando o 10º aniversario de SingStar Sony
anuncia que a súa saga de xogos de karaoke chegará á PlayStation 4 este mesmo
ano con interesantes novidades como unha aplicación de balde para teléfonos
móbiles que permitirá converter o noso smartphone nun micrófono sen fÃos,
evitando asà que teñamos que mercar tal accesorio para tirar proveito deste
popular xogo.
Esta nova aplicación para iOS e Android será compatible tanto con PlayStation 3
coma con PlayStation 4, e aparte de servir como micrófono, tamén facilitará a
creación de listaxe de reprodución persoais. O novo SingStar tamén vai potenciar a experiencia social do xogo, facendo
máis doado compartir os mellores fragmentos dunha noite musical el Twitter e
Facebook (sen saÃr do xogo), mellora o seu sistema de puntuación (recompensando
a actividade no xogo) e permitirá retar aos nosos compañeiros en liña.
O novo xogo chegará cunha colección de 30 cancións que detallarán en breve, e
que poderá completarse con temas adquiridos a través da SingStore.
- SingStar contará cunha aplicación que convertirá os smartphones en micrófonos sen fÃos
Trailer de presentación do novo SingStar para PlayStation 4