A PlayStation 5 permitirá usar unidades SSD de até 8 TB
luns, 31 de xullo do 2023
Sony iniciou
hoxe as probas da nova
versión do software de sistema da PlayStation 5, que mellora en funcións de
accesibilidade e opcións de son, facilidades para conectar con outros xogadores
e incluso un cambio no soporte de unidades SSD para ampliar a capacidade de
almacenamento interno da consola.
Neste último apartado cómpre lembrar que a PS5 de serie só inclúe 825 GB de
almacenamento interno (o que deixarÃa uns 667 GB dispoñibles para xogos), o que
é claramente insuficiente para un xogador medio, xa que está a normalizarse que
os grandes xogos superen os 150 GB de tamaño (e incluso hai casos como o Call
of Duty: Black Ops Cold War, que ocupa 312,6 GB).
Este problema co almacenamento da PS5 é especialmente grave se non contamos
cunha conexións de banda larga excelente, xa que a descarga de cada tÃtulo pode
precisar de varias horas, o que non resulta razoable cando queremos xogar a un
tÃtulo que non teñamos instalado, de aà que Sony ofreza a posibilidade de
ampliar o almacenamento interno da consola cunha unidade SSD en formato M.2,
que grazas á nova actualización e probas poderá ter un tamaño de até 8 TB.
Neste momento tal capacidade pode resultar esaxerada, xa que as unidades NMVe
de 8 TB aÃnda son pouco habituais e moi caras (roldan os mil euros) pero dado
que as de 2 TB e 4 TB xa teñen prezos asumibles, resulta razoable ir preparando
a consola para o futuro.
A nivel de accesibilidade, a PS5 permitirá escoller un sendo mando para axudar
ao usuarios principal, de xeito que funcionarÃan como un único mando, o que permite
poder axudar a un amigo ou a un cativo a superar algún momento desafiante dun
xogo.
A consola tamén recibe un maior soporte de dispositivos Dolby Atmos, de xeito
que quen teña sistemas de cine en casa ou barras de son compatibles con esta
tecnoloxÃa poderá aproveitar o seu equipamento para ter unha experiencia máis
inmersiva coa PS5 á ahora de reproducir contido multimedia (a PS5 continúa sen soporte de Dolby Atmos en xogos).
De cara á relación con outros usuarios tamén será máis doado montar quedadas
para xogar cos amigos.
Outro detalle interesante é que a colección de xogos integra un buscador, o que
pode resultar de grande utilidade cando temos unha colección de xogos moi
completa.