A PlayStation 5 supera os 40 millóns de consolas vendidas
venres, 28 de xullo do 2023
En febreiro comentamos
que o
parque de consolas PlayStation 5 chegara aos 32,1 millóns, e o ritmo de
compras da consola doméstica de Sony continúa firma, de xeito que agora erguen
a cabeza para celebrar que superaron
os 40 millóns de PS5 vendidas.
Conseguir este volume de consolas vendidas ten bastante mérito, xa que débese
principalmente ás vendas máis recentes, pois tras o lanzamento da PlayStation 5
houbo un importante desabastecemento que non foron quen de solucionar ao ser
consecuencia de varias crises simultáneas (pois tanto habÃa problemas para
conseguir certos compoñentes, tiñan que afrontar as dificultades de traballar
nas condicións sanitarias impostas pola pandemia e tamén houbo limitacións no
transporte a escala global).
Dende Sony están moi satisfeitos polo bo funcionamento comercial das consolas,
pero tamén dos accesorios, xa que os mandos sen fÃos DualSense están a venderse
moi ben nas súas distintas cores, e incluso está a haber bastante demanda das
cubertas de cores para a PS5, deixando claro que os xogadores queren dar o seu
propio estilo á súa consola doméstica.
AÃnda que a consola xa contou con varios redeseños a nivel interno, queda agora
agardar a que se presenten as súas revisións, que poderÃan comezar a saÃr este
mesmo ano, e que coméntase que poderÃa ser inicialmente unha versión máis compacta
con unidade óptica opcional, para máis adiante deixar a porta aberta a unha
versión Pro, seguindo asà os pasos seguidos pola PS4, e facilitando asà que a
actual xeración de consolas dure máis anos con dignidade.
