A PlayStation 5 supera os 46,6 millóns de consolas vendidas

xoves, 9 de novembro do 2023 Marcus Fernández

O último balance das vendas da PlayStation 5 apuntan, tras vender 4,9 millóns de unidades no trimestre que rematou o 30 de setembro, superaron os 46,6 millóns de consolas, o que é un volume moi considerable se temos en conta que aínda non comezou a campaña de Nadal e o novo modelo da consola aínda ten unha distribución moi reducida.
De feito, dende Sony son optimistas, e prevén pechar o ano fiscal con 25 millóns de PS5 vendidas, xa que o lanzamento dunha consola de dimensións reducidas e o pulo de Spider-Man 2 poden facer recuperar o ritmo de vendas dunha consola que durante os seus primeiros anos de vida non era capaz de satisfacer a demanda do mercado.
Sony tamén anunciou que durante o pasado trimestre vendéronse 67,6 millóns de xogos para PS5, dos que 4,7 millóns sería da propia Sony (resultado que confían mellorar no trimestre actual, grazas ao mencionado xogo do trepamuros da Marvel, que só nos seus primeiros 11 días superou os 5 millóns de copias vendidas).

PUBLICIDADE