A PlayStation 5 tamén aposta pola accesibilidade

xoves, 5 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Microsoft leva bastantes anos desenvolvendo mandos para que as persoas con diversidade funcional poidan gozar de videoxogos e outros sistemas informáticos, e finalmente Sony vai polo mesmo carreiro e presenta o Project Leonardo, un kit de mando de accesibilidade altamente personalizable para PlayStation 5.
Este novo mando permite que a xente con limitacións motoras poidan gozar de videoxogos dun xeito máis cómodo e durante máis tempo, facendo así que os videoxogos sexan máis accesibles. O mando en si xa é moi configurable, pero tamén é compatible con accesorios de accesibilidade de terceiros, que combinándose cunha consola PlayStation 5 fai posible novos xeitos de xogar.
Esta solución aínda está en desenvolvemento, polo que non sabemos cando chegará ao mercado nin en que condicións.

PUBLICIDADE