A PlayStation Classic poderá mercarse en pesetas
martes, 27 de novembro do 2018
O
vindeiro luns chegará ao mercado a PlayStation Classic, consola mini que non está a deixar indiferente
aos xogadores, aÃnda que non comentamos tal como algo bo, senón que son moitos
os potenciais compradores que están a desconfiar deste produto que non parece
convencer tanto como as consolas mini
de Nintendo, de aà que a cadea de tendas GAME non só vaia vendela a 99,99
euros, senón que tamén busca chamar a atención permitindo pagala en pesetas.
- Imaxe da caixa retro que recibirán os que paguen a PlayStation Classic con pesetas en GAME
Deste xeito até 100 persoas poderán facerse coa PlayStation Classic por 16.630 pesetas, o que non só permitirá atopar unha utilidade aos vellos cartos que se poidan ter espallados pola casa, senón que tamén servirá para facerse cun par de agasallos exclusivos de PlayStation: unha mochila retro e unha caixa retro cun vaso, unha taxe e un pousavasos. O conxunto de agasallos está valorado en 65 euros e a forma de pagamento elixida buscarÃa converterse no xeito máis curioso de facerse cunha das novas PlayStation Classic.
Anuncio da promoción de GAME
Na proximidade do lanzamento da nova máquina decidiron clarexar moitas das dúbidas
dos consumidores, detallando que a metade dos 20 xogos incluÃdos na consola (e
que non poderán ampliarse) son compatibles co modo de dous xogadores; que o
cable HDMI incluÃdo coa consola mide 2 metros mentres que os cables do mandos
miden 1,5 metros; que carecerá de System Link para poder unir varias consolas
(aÃnda que algúns xogos permitirán o modo multixogador a pantalla partida); e que
pode alimentarse por USB mediante un adaptador que achegue un mÃnimo de 1
Ampere.
AÃnda que as limitacións da consola fosen previsibles, o elemento que non están
a destacar, e que si poderÃa botar a moitos compradores atrás, é o feito de que
as versións dos xogos incluÃdos están en inglés, o que farÃa que moitos usuarios
que no seu dÃa xogaron en español a tÃtulos como Final Fantasy VII non vexan con bos ollos esta consola que, por
outra banda, resulta innecesaria para moitos, xa que boa parte dos xogos incorporados
poden adquirirse en formato descargable.
Anuncio da PlayStation Classic