A PlayStation Store inicia as súas Ofertas de Semana Santa

mércores, 16 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Comeza a ser habitual que as tendas dixitais lancen interesantes ofertas e promocións coa chegada do verán e o Nadal, para que os xogadores poidan facerse con atractivos títulos a prezos rebaixados para gozar dos mesmos durante o tempo de lecer que se aproxima durante as datas especiais, e aínda que a semana que vén non sexa festiva globalmente, iso non impide que Sony inicie as súas Ofertas de Semana Santa na tenda de PlayStation, o que permite a compra de xogos e filmes a prezos reducidos.
Dentro destas ofertas divídense en dous grandes bloques en función da súa caducidade, de xeito que até o 30 de marzo poderemos mercar a prezo rebaixado xogos como FIFA 16 (a 28,99 euros para PS4), Grand Theft Auto V (a 44,99 euros para PS4), Unravel (a 15,99 euros para PS4) ou J-Stars Victor VS+ (a 24,99 euros para PS4), mentres que até o 6 de abril teremos xogos como Bloodborne (a 29,99 euros para PS4), Uncharted: The Nathan Drake Collection (a 39,99 euros para PS4) ou Metal Gear Solid V: The Phantom Pain (a 29,99 euros para PS4).
Outras ofertas para PS4 (entre máis dun cento) que podemos mencionar estarían Need for Speed por 26,99 euros, Tomb Raider: Definitive Edition por 11,99 euros, Knack por 6,99 euros, La Tierra Media: Sombras de Mordor (edición Juego del Año) por 24,99 euros, The Evil Within por 12,99 euros e Transformers: Devastation por 19,99 euros.

Nova aplicación para Android

O inicio das rebaixas coincide co lanzamento da aplicación para Android de PlayStation Video, que pode descargarse de balde de Google Play, e que facilita a reprodución en smartphones e tabletas con Android dos filmes e series de televisión alugados ou adquiridos na PlayStation Store, de xeito que esta tenda de contidos audiovisuais xa non está ligada exclusivamente ao televisor do salón, senón que tamén ábrese á mobilidade.

PUBLICIDADE