A PlayStation Store oferta numerosos xogos de PS4 a menos de 20 euros

venres, 20 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

A PlayStation Store está a renovar as súas ofertas, facilitando a superación da costa de xaneiro, de xeito que até o 2 de febreiro ofrecerá unha chea de xogos para PlayStation 4 por prezos que non chegan aos 20 euros, o que supón un xeito económico de poder gozar de moitas horas de diversión, incluíndo xogos destacados como Call of Duty: Advanced Warfare Gold Edition, Assassin’s Creed Syndicate, The Heavy Rain & Beyond Two Souls Collection entre outros.
Aínda que xogos como Street Fighter V ou Assassin’s Creed Syndicate baixan dos 20 euros polos pelos, cun prezo de 19,99 euros, outros xogos son moito máis asumibles, de xeito que podemos facernos con Dark Souls II por 14,99 euros, Rayman Legends e Saint Seiya: Soldiers’ Soul por 12,99 euros, God of War III Remasterizado por 9,49 ou Let’s Sing 2016 por só 8,99 euros, prezos que convencerán a moitos indecisos que dubidaban da compra destes xogos a prezo completo.
Adicionalmente tamén hai unha grande selección de xogos independentes e para PS3 e PS Vita até o 8 de decembro.

PUBLICIDADE