A PlayStation Store oferta títulos exclusivos de PlayStation

mércores, 4 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Os xogadores de PlayStation 4 que se fixeran coa consola de Sony polos seus títulos exclusivos estarán contentos de saber que moitos deles están estes días de ofertan en formato dixital, xa que a PlayStation Store lanzou unha promoción para xogos «só en PlayStation», o que permite, por exemplo, os subscritores de PlayStation Plus poidan facerse con Horizon Zero Dawn por 28,99 euros ou The Last of Us por 15,99 euros, mentres que os usuarios en xeral tamén poden facerse con LittleBigPlanet 3 por 4,99 euros ou Uncharted 4 por 19,99 euros, ou sexa, unha selección de magníficos xogos a prezos sumamente axustados.
Algúns outros xogos de oferta serían Bloodborne a 19,99 euros, God of War III Remasterizado a 12,99 euros, WipEout Omega Collection a 16,49 euros, The Last of Us a 17,99 euros, The Order: 1886 a 10,99 euros, Nioh a 24,99 euros, Killzone Shadow Fall a 8,99 euros ou Ratchet & Clank a 14,49 euros, oportunidades moi interesantes para quen queira ampliar a súa colección dixital de xogos sen realizar un desembolso moi importante.

PUBLICIDADE