A PlayStation Store principia as rebaixas do Black Friday

venres, 16 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Aínda que falta unha semana para o Black Friday, as rebaixas en moitas plataformas dixitais xa botaron a andar, e hoxe temos que a PlayStation Store inicia as súas, o que supón unha magnífica oportunidade para moitos xogadores, xa que é a primeira ocasión para conseguir con importantes descontos os grandes lanzamentos da tempada. Estas ofertas dixitais rematarán o martes 27 ás 00:59 horas.
Probablemente a rebaixa máis importante sería a que afecta a un dos grandes exclusivos do ano, Marvel’s Spider-Man, que ofértase a 39,99 euros na súa edición normal e a 49,99 euros na edición deluxe (ou sexa, cos seus contidos descargables adicionais, valorados en 19,99 euros). Na mesma liña temos tamén Assassin’s Creed Odyssey a 39,99 euros, God of War a 29,99 euros, NBA 2K19 a 39,99 euros, Horizon Zero Dawn a 19,99 euros, FIFA 19 a 39,89 euros, Need for Speed Payback por 14,99 euros, Call of Duty: Black Ops 4 a 48,99 euros, Shadow of the Tomb Raider a 34,99 euros e Detroit: Become Human a 29,99 euros, entre moitos outros. Tamén pode considerase unha agradable sorpresa que o ultimísimo grande lanzamento, Red Dead Redemption 2, poida gozar de descontos, non na súa edición básica, pero si nas edicións especial e definitiva (con rebaixas do 12% e o 10% respectivamente).
Cómpre lembrar que durante a xornada do Black Friday será doado atopar ofertas semellantes en soporte físico e tamén incluíndo consolas de videoxogos e accesorios.

A selección de xogos con desconto inclúe aos meirandes lanzamentos do ano

PUBLICIDADE