A PlayStation Store rebaixa por primeira vez The Last of Us Parte II

mércores, 2 de setembro do 2020 Marcus Fernández

A PlayStation Store inicia hoxe unha campaña de «descontos de até o 50%» (que na práctica chegan até o 93%) nunha selección de xogos esenciais, o que é unha boa oportunidade para ampliar a colección de xogos para PlayStation 4 e que destaca especialmente por ser a primeira vez que The Last of Us Parte II rebaixa o seu prezo en formato dixital, aínda que sexa só dun 14%.
Aparte de ser esta unha boa oportunidade para facerse coa nova entrega da historia de Ellie e Joel, non é o único xogo que poder resultar moi interesante adquirir, xa que tamén podemos atopar ofertas moi salientables como o FIFA 20 a 4,89 euros, Assassin’s Creed Odyssey a 19,59 euros, a edición Xogo do Ano de Marvel’s Spider-Man a 24,99 euros, God of War a 14,99 euros, a edición especial de Red Dead Redemption 2 a 29,74 euros, Death Stranding a 30,09 euros ou a edición máis completa de Dragon Ball FighterZ a 20,99 euros.

PUBLICIDADE