A Pobra organiza un curso sobre os usos e posibilidades da Intelixencia Artificial
martes, 8 de xullo do 2025
Democratizar o coñecemento e o uso da Intelixencia Artificial e reivindicar un uso enriquecedor e seguro destas novas ferramentas disruptivas. Ese é o obxectivo prioritario que o Concello da Pobra do Caramiñal buscará cumprir co seu novo curso sobre IA.
O programa está organizado pola ConcellerÃa de Mocidade, pero está pensado para veciños e veciñas de todas as idades e ocupacións sen coñecemento previo sobre a materia. O obxectivo, tal e como explica o concelleiro desta área, Eloy Sobrido, é que as persoas participantes poidan aprender "a usar a IA no seu beneficio, coñecendo as ferramentas que empregan esta tecnoloxÃa e descubrindo como empregalas no seu dÃa a dÃa". A formación desenvolverase ao longo de oito sesións entre o 21 e o 24 e do 28 ao 31 de xullo.
As dúas primeiras leccións servirán para facer unha introdución á Intelixencia Artificial e para abordar a IA baseada en texto, traballando con plataformas como ChatGPT. Na terceira e cuarta clase, o alumnado usará aplicacións sinxelas de tradución e corrección de textos. A quinta e sexta destinaranse a programas de asistencia informática e programación na ofimática e nas dúas últimas trataranse os aspectos sociais e éticos da IA. Todas as clases estarán impartidas por Ramón Barral Lijó, doutorado en Matemáticas pola Universidde de Santiago de Compostela e cunha ampla traxectoria docente en España e noutros paÃses como Xapón.
A actividade é 100% gratuÃta e todas as sesións realizaranse, de 11.00 a 13.00 horas, na aula de informática da Casa da Mocidade. As persoas interesadas poderán anotarse no correo mocidade@apobra.gal. Poderán pedir máis información nese mesmo enderezo ou na secretarÃa de alcaldÃa.
