A PolicÃa Nacional desartella TuMangaOnline
mércores, 22 de abril do 2026
A PolicÃa Nacional desarticulou en AlmerÃa a maior plataforma de distribución ilÃcita de manga en español, un servizo en liña activo desde 2014 que acumulaba millóns de usuarios en todo o mundo. A operación saldouse con tres persoas detidas como presuntas responsables dun delito continuado contra a propiedade intelectual e cun volume de ingresos que superarÃa os 4 millóns de euros, obtidos principalmente a través de publicidade intrusiva.
A investigación iniciouse en xuño de 2025 tras detectarse a existencia dun portal que ofrecÃa acceso ilegal a contidos de manga. As pescudas permitiron confirmar que se trataba do maior repositorio deste tipo en lingua española, cun sistema que facilitaba de maneira sistemática o acceso gratuÃto e non autorizado a obras protexidas. O sitio consolidárase como referencia da piratarÃa de manga, con millóns de accesos mensuais e unha notable proxección internacional, provocando un importante prexuÃzo económico para editoriais, autores, tradutores e o conxunto da industria cultural.
O modelo de monetización baseábase na inserción constante de fiestras emerxentes (pop-ups) que aparecÃan durante a navegación e lectura. Este sistema, apoiado no elevado tráfico da web, xeraba ingresos significativos para os administradores. A investigación estima que os beneficios superaron os 4 millóns de euros, procedentes exclusivamente da publicidade. Unha parte relevante destes anuncios estaba vinculada a contidos pornográficos, o que engadÃa unha problemática adicional ao ter entre os usuarios unha elevada presenza de menores de idade.
No rexistro do domicilio do principal investigado, en AlmerÃa, os axentes localizaron unha infraestrutura tecnolóxica complexa destinada ao mantemento da plataforma. Tamén comprobaron que se atopaba a desenvolver unha nova páxina complementaria, cuxo lanzamento foi impedido pola intervención policial. Durante a operación interviñéronse dous dispositivos USB ocultos no interior dun termómetro de parede, que almacenaban carteiras frÃas de criptomoedas valoradas en máis de 400.000 euros.
A actuación tivo unha dimensión internacional pola ampla implantación do portal no mercado hispanofalante. O seu peche supón un golpe relevante para as redes de distribución ilegal de contidos e evidencia o impacto económico e reputacional que estas prácticas teñen sobre o sector editorial. A desaparición da plataforma xerou unha ampla reacción nas redes sociais, con publicacións que acadaron decenas de miles de interaccións, reflexo do seu elevado grao de popularidade.

- TuMangaOnline era un dos servizos máis populares para o acceso de balde a manga en español
