A Princesa Letizia presidirá os Premios Discapnet da Fundación ONCE

venres, 4 de febreiro do 2011 Raquel Noya

Con motivo do décimo aniversario do portal Discapnet, a Fundación ONCE decidiu instituir os Premios Discapnet á Accesibilidade TIC e ao Compromiso cos Persoas con Discapacidade, uns galardóns que premian o compromiso das empresas e institucións coas persoas discapacitadas, e que este ano terán como presidenta de honra a Letizia Ortiz.
A organización dos Premios Discapnet anunciou que haberá galardóns en dúas categorías e malia que non teñen dotación económica, confían na participación das empresas motivadas pola causa social e tamén pola escultura do prestixioso artista con discapacidade Gonzalo Torné que se concede.
O obxectivo da Fundación ONCE consiste na realización de programas de integración laboral e de accesibilidade universal, promovendo a creación de entornos, produtos e servizos globalmente accesibles.
As bases completas deste concurso, ao que se poden presentar candidaturas ata o vindeiro 10 de febreiro, poden consultarse ao detalle na Rede, concretamente na web do concurso habilitada ao efecto.

PUBLICIDADE