A Proa (Ames) organiza un obradoiro sobre seguridade informática para pemes
venres, 30 de setembro do 2022
O
espazo colaborativo A Proa organiza para o mércores 5 de outubro, ás
18.00 horas, unha nova actividade (adiada dende o 16 de setembro e
retomada agora) denominada Taller de seguridade informática nas
PEME. O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto
Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), será o
encargado de impartir o obradoiro. A inscrición para esta actividade
pode realizarse de balde premendo
na ligazón específica.
Nesta
actividade coñeceranse ferramentas de seguridade de hardware,
software e das redes. Ademais, falarase das normas básicas da LOPD;
como garantir a protección dos datos e dos medios informáticos; e
como navegar pola rede e empregar o correo electrónico de xeito
seguro. Por último afondarase na formación do usuario.
A
concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que
“despois dun breve parón durante os meses de xullo e agosto
retómanse as actividades no centro de coworking A Proa. O coworker
Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital, impartirá un
taller sobre seguridade informática para as pemes”.