A RAG aclara en X (Twitter) a lea do termo “pélet” e as súas variantes
mércores, 10 de xaneiro do 2024
Tendo en conta o moito que se está a falar estes
días nos medios e nas redes das bólas plásticas vertidas nas nosas
praias polo buque mercante Toconao, a Real Academia Galega
quixo saír ao paso desta información dende o punto de vista
ortográfico, co fin de poñer un pouco de orde sobre a maneira
correcta de escribir as distintas variantes deste vertido, que
semellan decatarse por “pellets” cando o uso deste termo non
semella o máis axeitado, nin de forma (debera ser “pélets”) nin
de contido. A aclaración abéirase aos Petiscos de Lingua da RAG.
En concreto, a
RAG publicou unha comunicación en X relativa o termo "granulado",
a forma correcta de designar o conglomerado formado a partir de
resinas poliméricas, xeralmente de forma cilíndrica ou esférica,
con lonxitude variábel e cos extremos planos, utilizado para a
fabricación de obxectos plásticos.
Polo tanto, explica a RAG, “granulado”
é o termo validado polo Servizo de Terminoloxía Galega para
designar os conglomerados de resinas poliméricas que chegan estes
días á nosa costa. Coma noutras linguas romances, a voz “pélet”
só nomea o conglomerado de materiais vexetais utilizada como
combustíbel.