A RAG retransmitirá na Rede un faladoiro con seis novas voces da nosa narrativa
xoves, 16 de novembro do 2023
Seis
autoras e autores por baixo dos 40 anos de idade protagonizarán o
vindeiro martes, 21 de novembro, na Fundación LuÃs Seoane da
Coruña Voces
da narrativa,
o primeiro dunha serie de encontros sobre este xénero organizados
pola Sección de Literatura da Real Academia Galega. A cita, de
entrada libre, arrincará ás 17:00 horas e consistirá en tres
diálogos sobre o proceso da escrita entre Berta Dávila e Brais
Lamela, Alberto Ramos e Sica Romero, e Fabio Rivas e Cecilia F.
Santomé.
As
conversas serán presentadas polos coordinadores do programa, a
directora da sección, Marilar Aleixandre, a académica de número
Chus Pato e o académico correspondente Ramón Nicolás.
Voces
da narrativa
poderá seguirse tamén en directo dende a web da RAG (academia.gal)
e a canle
de YouTube da institución,
que celebra esta xornada co apoio económico da Xunta de Galicia e do
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O
diálogo entre Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) e Brais
Lamela (Vilalba, 1994) partirá de Illa
decepción
(2020), obra coa que a autora gañou por segunda vez o Premio de
Narrativa Breve Repsol, e
Ninguén queda
(2022), a primeira novela do vilalbés, recoñecida co Premio da
CrÃtica en lingua galega.
Alberto
Ramos (Santiago de Compostela, 1986) falará sobre Os
corpos dos Romanov (2022),
Premio Narrativa Breve Repsol, con Sica Romero (Carnota, 1995), que
compartirá reflexións sobre o proceso de creación do seu primeiro
libro, AvelaÃñas
eléctricas (2022),
último Premio San Clemente de novela en galego. Cecilia F. Santomé
(Vilalba, 1984) conversará a partir da súa primeira novela,
Quérote.
Eu tampouco
(2019) con Fabio Rivas (Pontevedra, 1997), que publicou este ano o
seu primeiro libro, o volume de relatos A
pintura debida
(2023).