A RAGC comparte o palmarés do XII Concurso A Ciencia en Imaxe
venres, 14 de novembro do 2025
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de BioloxÃa, Ciencias, FÃsica, Matemáticas e QuÃmica da Universidade de Santiago de Compostela convocaron o XII Concurso A Ciencia en Imaxe. Neste certame, dirixido á comunidade universitaria da USC, prémianse fotografÃas divulgativas de calquera contido relacionado coas ciencias. Os galardóns desta edición entregáronse este 14 de novembro na Aula Magna da facultade de BioloxÃa durante o acto de celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias.
A gañadora do primeiro premio, dotado con 200 euros, foi MarÃa del Carmen Yebra Biurrun, catedrática da facultade de QuÃmica da Universidade de Santiago, pola instantánea Reflexo en movemento. A imaxe premiada recolle o detalle dunha folla flotando na auga.
O segundo galardón, dotado con 100 euros, recaeu en Pablo Falgueras Casarejos, alumno da facultade de FÃsica da USC, pola imaxe titulada Pinga. A fotografÃa amosa a beleza do orballo da mañá no bosque, como se o conxunto das pequenas gotas conformasen enlaces quÃmicos.
O xurado, composto por un membro de cada unha das cinco facultades organizadoras, xunto a un membro da Real Academia Galega de Ciencias, valorou a orixinalidade das propostas presentadas ao certame. Tamén se tivo en conta a estética, a capacidade comunicativa, a calidade e a adecuación á temática do concurso.
