A Rede Galega de TecnoloxÃas Cuánticas define o seu plan de actuación para os vindeiros meses
luns, 8 de abril do 2024
O pleno da Rede Galega de TecnoloxÃas Cuánticas, unha rede de colaboración entre a Xunta, os centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia en tecnoloxÃas cuánticas, reuniuse recentemente en Santiago de Compostela para definir o seu plan de actuación para os vindeiros meses.
Entre as actividades priorizadas para o perÃodo 2024-2025 atópase a creación de varios comités executivos, que teñen encomendada a consecución de obxectivos concretos e accións estratéxicas que posicionen a Galicia no medio e longo prazo, cun enfoque de xeración de impacto nas empresas; a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxÃas cuánticas na Comunidade e a celebración de varios encontros.
En maio prevese a organización dun evento que facilite a interacción, colaboración e o intercambio de coñecementos entre tecnólogos e investigadores de Galicia no ámbito das tecnoloxÃas cuánticas para impulsar o establecemento de relacións sólidas e colaborativas entre os axentes identificados e promover proxectos colaborativos que redunden no avance e a innovación no campo das tecnoloxÃas cuánticas. En setembro terá lugar tamén unha xornada orientada especificamente aos lÃderes tecnolóxicos do tecido empresarial galego, para axudarlles a introducirse nos posibles usos destas tecnoloxÃas.
Asà mesmo, deuse conta de distintas actividades que se van desenvolver no marco desta Rede, como a celebración dun evento anual de referencia en tecnoloxÃas cuánticas en Galicia, organizado por Fujistsu e a Xunta de Galicia o 9 e o 10 de outubro; ou accións de divulgación entre o público xeral, entre as que destacan a celebración do World Quantum Day o vindeiro 14 de abril organizado polo CESGA e o IGFAE (USC); ou un ciclo de cine, que se inicia coa proxección de O ollo e a máquina, organizado polo CESGA no CGAC durante este mes de abril (5, 11, 12, 18 e 19 de abril 2024).
Por último, tratouse o posible deseño dunha convocatoria de proba de concepto en tecnoloxÃas cuánticas, a celebración dun hackaton ou a posible creación dun Observatorio de TecnoloxÃas Cuánticas no 2025 para seguir de preto o desenvolvemento e a evolución destas tecnoloxÃas.