A Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña achega formación en uso de dispositivos, IA, ciberseguridade e eAdministración
xoves, 11 de setembro do 2025
A Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña presentou o seu programa de formación en competencias dixitais para o último trimestre de 2025, que ten como obxecto “promover un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade”.
O programa vai dirixido ao público en xeral (maiores de 14 anos) e desenvólvese entre o 8 de setembro e o 26 de novembro deste mesmo ano. As inscricións poden formalizarse a través da web municipal.
Oferta de curso
-Curso básico de móbil
Do 15/09/2025 ao 19/09/2025 na Biblioteca Municipal Monte Alto (inscricións do 08/09/2025 ao 13/09/2025).
Do 22/09/2025 ao 26/09/2025 na Biblioteca Municipal Ágora (inscricións do 15/09/2025 ao 20/09/2025).
Do 20/10/2025 ao 24/10/2025 na Biblioteca Municipal Ágora (inscricións do 13/10/2025 ao 18/10/2025).
Dende o 24/11/2025 ao 28/11/2025 en Biblioteca Municipal Ágora (inscricións dende o 17/11/2025 ata o 22/11/2025).
-Curso básico de ordenador
Do 08/09/2025 ao 12/09/2025 na Biblioteca Municipal Sagrada Familia (inscricións do 01/09/2025 ao 06/09/2025).
Do 29/09/2025 ata o 03/10/2025 na Biblioteca Municipal Monte Alto (inscricións do 22/09/2025 ao 27/09/2025).
-Curso de Internet no computador
Do 29/09/2025 ao 03/10/2025 na Biblioteca Municipal Sagrada Familia (inscricións do 22/09/2025 ao 28/09/2025).
Do 10/11/2025 ata o 14/11/2025 na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (inscricións do 03/11/2025 ao 08/11/2025).
-Curso de Internet no móbil
Do 13/10/2025 ao 17/10/2025 na Biblioteca Municipal Sagrada Familia (inscricións do 06/10/2025 ao 12/10/2025).
Do 13/10/2025 ao 17/10/2025 na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (inscricións do 06/10/2025 ao 12/10/2025).
Do 03/11/2025 ao 07/11/2025 na Biblioteca Municipal Ágora (inscricións do 27/10/2025 ao 02/11/2025).
-Trámites administrativos en liña
Do 20/10/2025 ao 24/10/2025 na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (inscricións do 13/10/2025 ao 20/10/2025).
Do 10/11/2025 ao 14/11/2025 na Biblioteca Municipal Monte Alto (inscricións do 03/11/2025 ao 10/11/2025).
Do 10/11/2025 ao 14/11/2025 na Biblioteca Municipal Sagrada Familia (inscricións do 03/11/2025 ao 09/02/2025).
-Obradoiro de control parental
Do 08/09/2025 ao 09/09/2025 na Biblioteca Municipal Os Rosales (inscricións do 01/09/2025 ao 08/09/2025).
Do 06/10/2025 ao 13/10/2025 na Biblioteca Municipal Sagrada Familia (inscricións do 29/09/2025 ao 06/10/2025).
Do 08/10/2025 ao 09/10/2025 na Biblioteca Municipal Monte Alto (inscricións do 01/10/2025 ao 08/10/2025).
Do 21/11/2025 ao 22/11/2025 na Biblioteca Municipal Ágora (inscricións do 14/11/2025 ao 21/11/2025).
-Obradoiro de seguridade e desinformación na Rede
Do 25/09/2025 ao 26/09/2025 na Biblioteca Municipal Durán Loriga (inscricións do 18/09/2025 ao 24/09/2025).
Do 17/10/2025 ao 18/10/2025 na Biblioteca Municipal Ágora (inscricións do 10/10/2025 ao 17/10/2025).
Do 03/11/2025 ao 04/11/2025 na Biblioteca Municipal Os Rosales (inscricións do 27/10/2025 ao 03/11/2025).
-Obradoiro de ferramentas en Intelixencia Artificial
Do 23/10/2025 ao 24/10/2025 na Biblioteca Municipal Durán Loriga (inscricións do 16/10/2025 ao 22/10/2025).
Do 24/11/2025 ao 26/11/2025 na Biblioteca Municipal Sagrada Familia (inscricións do 17/11/2025 ao 24/11/2025).
-Obradoiro App Coruña
Do 13/10/2025 ao 14/10/2025 na Biblioteca Municipal Monte Alto (inscricións do 06/10/2025 ao 12/10/2025).
Do 24/11/2025 ao 25/11/2025 na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (inscricións do 17/11/2025 ao 24/11/2025).
