A Revista Oficial PlayStation</Em> di adeus nos EE.UU.
martes, 6 de novembro do 2012
Continúan as novas de peches de publicacións impresas
dedicadas ao mundo dos videoxogos, especialmente as apoiadas polas propias
compañÃas que están detrás das videoconsolas, e ao igual que en España cesou de
publicarse a revista oficial Xbox 360
e nos EE.UU. anunciouse que a revista con 24 anos á súas costas, Nintendo Power, tamén deixarÃa de editarse, temos
agora que Future US confirmou que deixará
de producir PlayStation: The Official
Magazine, de xeito que abandonará os quioscos norteamericanos co seu
número de Nadal.
Actualmente a Revista Oficial PlayStation
publÃcase en España con normalidade, pero en vista de que pechará nun mercado
tan forte como o norteamericano podemos entender que no noso territorio seguirá
os mesmos pasos en breve, o que tampouco deberÃa sorprender por ser unha das
publicacións do sector con peores vendas (cunha difusión media de 17.245
exemplares, mentres que a PlaymanÃa
chega aos 26.366, a Marca Player aos
19.655 e a Hobby Consolas aos
45.155).