A SNES Mini chega ás tendas con certa normalidade
venres, 29 de setembro do 2017
Hoxe chega ás tendas a agardada Nintendo
Classic Mini: Super Nintendo Entertainment System, máis coñecida como SNES Mini,
consola con aire retro que por 79
euros ofrece a posibilidade de gozar de máis de 20 xogos clásicos da Super
Nintendo nun televisor moderno, pero conservando a experiencia orixinal ao
contar con réplicas dos seus mandos, mentres que a consola en si ten un tamaño
reducido que busca converterse nun obxecto de colección.
A demanda deste produto é realmente elevada, o que provocou reservas masivas, e
incluso cadeas como El Corte Inglés tivo que comunicarse con moitos dos seus
clientes para indicarlles que non poderÃan entregarlles as consolas reservadas
até mediados do mes que vén, o que contrasta co feito de que haxa cadeas
comerciais que teñan unidades nos seus lineais durante esta mesma mañá.
A SNES Mini será un produto algo difÃcil de conseguir sen reserva previa ou sen
recorrer á compra en liña, pero aÃnda que son moitas as tendas que xa teñan
esgotado existencias, é posible facerse con unidades en moitas tendas galegas, e
incluso algunha tenda en liña está a aceptar pedidos hoxe mesmo, o que dá a
entender que non vai repetirse o que aconteceu coa NES mini (que foi
practicamente imposible de adquirir en tenda), e facendo que a venda especulativa
de consolas perda todo o sentido, resultando absurdo que moitos tenten vender
unidades a entre 100 e 150 euros cando hoxe pode encargarse por 79 euros.
Lembremos que a SNES Mini é unha pequena consola que se alimenta por USB e
conéctase ao televisor a través dun cable HDMI, contando con 2 mandos de Super
Nintendo e 21 xogos preinstalados como Super
Mario World, Super Mario Kart, The Legend of Zelda: A Link To The Past,
Super Metroid, Donkey Kong Country 64, Star
Fox ou Super Ghouls’n Ghosts, que
podemos considerar como unha das mellores seleccións de xogos de 16 bits para
os que queren rememorar as franquÃas que en moitos casos hoxe seguen totalmente
vixentes, de xeito que estamos ante clásicos que demostran o seu status co ben que envelleceron.
- Hoxe mesmo é posible atopar existencias da SNES Mini en vairas tendas galegas e incluso é posible realizar pedidos para recibir a consola en poucos dÃas (sen reserva previa)
VÃdeo promocional da SNES Mini