A SecretarÃa da Lingua convoca 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
mércores, 17 de xullo do 2024
A SecretarÃa Xeral da Lingua que dirixe ValentÃn GarcÃa vén de convocar por un importe total de 266.414€ un total de 10 bolsas de formación nos proxectos tecnolóxico-lingüÃsticos e tecnolóxico-culturais que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente do da dita SecretarÃa (ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades).
Con esta iniciativa quérese achegar unha nova mostra de apoio á investigación lingüÃstica, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua galega ao tempo que se contribúe á especialización das persoas universitarias mediante a súa participación nalgún dos proxectos desenvolvidos na actualidade polo Centro Ramón Piñeiro.
Proxectos todos eles dun marcado cariz tecnolóxico como BibliografÃa da literatura galega, FraseoloxÃa Galega, Corpus de referencia do galego actual (Corga), Cantigas de Santa MarÃa, Prosa literaria medieval, TerminoloxÃa cientÃfico-técnica, Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxÃas da fala, Base de datos do ALIR, Dicionarios de literatura e Literatura infantil e xuvenil.
As persoas interesadas en concorrer á devandita convocatoria poderán presentar as súas solicitudes por vÃa telemática a través da sede electrónica da Xunta dende este 17 de xullo até o 16 de agosto. Unha vez seleccionadas, comezarán as súas actividades de formación aproximadamente o 1 de decembro de 2024 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2026. Xunto coa solicitude, deberán achegar un certificado académico oficial completo, un documento acreditativo dos requisitos especÃficos, o currÃculo e un certificado que acredite o coñecemento da lingua galega.
Requisitos de acceso
Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias que, ademais de reunir os requisitos especÃficos para cada proxecto, posúan a nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea; acrediten o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou CELGA 4 (agás os que acrediten estar en posesión do tÃtulo de licenciatura en FiloloxÃa Galega ou equivalente); non resultaran beneficiarios dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos co Centro Ramón Piñeiro, e teñan unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.
Valoración de solicitudes
Unha comisión de valoración será a encargada de examinar as solicitudes presentadas polas persoas candidatas conforme o seguinte baremo e criterios: o expediente académico puntuará ata 10 puntos; a formación complementaria ata 11 puntos; a presentación de comunicacións en congresos relacionados co obxecto da bolsa, ata 3 puntos; e as publicacións individuais e participación en publicacións colectivas de carácter cientÃfico, ata un máximo de 3 puntos.
A información completa pode consultarse no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega.