A SingStore recibe multitude de cancións europeas esta semana

luns, 22 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O tema Fico Assim Sem Você de Adriana Calcanhotto chega esta semana á tenda de cancións de SingStar

Os amantes do karaoke que teñan unha PlayStation 3 poderán acceder a partires do xoves a unha chea de novas cancións dispoñibles para a súa descarga na SingStore, entre as que destaca un paquete de cancións de Take That (cos temas A Million Love Songs, Babe, It Only Takes A Minute, Never Forget e Pray), así como unha chea de cancións en inglés de Blur, John Farnham, Krezip, Pet Shop Boys, P!nk, The Rasmus e US5 entre outros e incluso varios temas noutras linguas europeas: Tässä Talossa de Neon 2 (finés), Je M’en Vais de Cali e Toi +Moi de Grégoire (francés) e Casa (Vem Fazer De Conta) de Da Weasel e Fico Assim Sem Você de Adriana Calcanhotto (portugués), deixando claro que Sony non quere esquecer a música local na súa tenda de descargas.

PUBLICIDADE