A Sony Alpha 7 IV disparará fotografÃas a 33 MpÃxeles e gravará vÃdeo en 4K/60p
venres, 22 de outubro do 2021
Esta semana Sony estrea unha das súas reputadas cámaras sen
espello de fotograma completo con obxectivos intercambiables, a Sony
Alpha 7 IV (ILCE-7M4), que conta cun sensor de imaxe de 33 MpÃxeles, que
xunto ao motor de procesamento de imaxe BIONZ XR e o enfoque automático
avanzado propio desta familia de cámaras consegue magnÃficas imaxes e vÃdeos, ao
que haberÃa que sumar as posibilidades de conectividade para atender ás demandas
dos usuarios actuais.
A nova Alpha 7 IV pode disparar até 10 imaxes por segundo, asà como gravar vÃdeo
en 4K a 60 imaxes por segundo, apostando sempre pola calidade, de xeito que non
se limita a unha grande resolución de imaxe, senón que tamén coida a
reprodución de cor para conseguir unha maior fidelidade e cores máis naturais,
presumindo tamén de imaxes con pouco ruÃdo no rango de ISO estándar 100-51.200
e ofrecendo tamén un rango dinámico completo de 15 pasos. As imaxes, en vez de
gardalas en RAW e JPEG, tamén poden almacenarse en HEIF de 10 bits, un formato
de alta eficiencia que mantén gradacións suaves.
No que respecta ao enfoque, a nova cámara conta cun enfoque automático hÃbrido rápido
mellorado (con 759 puntos de enfoque automático con detección de fases); fai
uso da intelixencia artificial para poder realizar o seguimento de ollos e
caras e asà realizar un seguimento de suxeitos para que saian sempre enfocados;
o enfoque aos ollos tamén pode aplicarse a mascotas e incluso conta con
preaxustes para fotografar aves.
No apartado do vÃdeo pode gravar en 4K a 60 imaxes por segundo cun acabado
natural grazas ao amplo rango dinámico;
ao gravar vÃdeo a 30 imaxes por segundo en 4K a cámara toma mostras en 7K, polo
que consegue asà unhas imaxes máis detalladas; o vÃdeo rexÃstrase en 4:2:2 de 10
bits (para evitar a perda de información de cor no seu postprocesado); permite
gravar os fotogramas por separado (All-intra) até a 600 Mbps; co formato de
gravación XAVC-HS consegue gravar con calidade mantendo un tamaño reducido de
ficheiros; permite facer uso de S-Cinetone, Look creativo e S-Log3 para
conseguir pelÃculas expresivas; a estabilización de imaxe da cámara tamén pode
aproveitarse para gravar vÃdeos cámara en man; e incluso conta cunha interface
de audio dixital para poder captar son de alta calidade nas gravacións de
vÃdeo.
Atendendo ás demandas dos creadores de contidos e do público en xeral, a Sony Alpha
7 IV pode conectarse directamente a un ordenador ou smarphone a través de USB
para operar a xeito de webcam, sendo posible asà retransmitir vÃdeo en directo
en 4K ou Full HD. Tamén conta con funcións de comunicación sen fÃos para transferir
as imaxes captadas ao móbil ou a un servidor FTP remoto.
Outros detalles salientables desta nova cámara serÃa que está equipada cun
visor OLED Quad-VGA de 3,68 MpÃxeles e que o seu panel táctil LCD de 1,03
MpÃxeles ten ángulo variable e apertura lateral, polo que estamos ante unha
cámara bastante versátil.
Está previsto que chegue ao mercado no mes de decembro a un prezo aproximado de
2.500 dólares (só o corpo) ou a 2.700 dólares (cun obxectivo Sony FE 28-70mm F3.5-5.6
OSS).
VÃdeo promocional da nova Sony Alpha 7 IV