A TVG participará en 7 novos proxectos cinematográficos
luns, 30 de decembro do 2024
A Televisión de Galicia está a rematar o ano dando conta da súa aposta polo audiovisual galego coa participación en sete novos proxectos cinematográficos, dos que cinco son pelÃculas (unha de animación) e dous son proxectos documentais, que poderán verse tanto na TVG como en AGalega.gal. O detalle destes investimentos (que suman 645.000 euros) pode consultarse no Portal de Transparencia.
No canto das longametraxes dúas delas son pelÃculas de alto presuposto nas que participan outras canles públicas coma TVE ou TV3.
É o caso do proxecto do recoñecido produtor Ramón Campos, Rondallas, unha pelÃcula costumista e apegada á identidade galega nunha vila mariñeira, dirixida por Daniel Sánchez Arévalo; e de RomarÃa, na que a directora Carla Simón percorre a paisaxe da costa galega cara a procura das súas orixes familiares.
A terceira longametraxe, As defensas, será a ópera prima de LucÃa Estévez, que dirixe e escribe unha historia que relata o descubrimento persoal en torno a tres eixos: a familia, o amor e a danza no Vigo dos anos oitenta. TVG tamén participará en Mil ourelas, ficción ambientada nos Ancares lucenses e que emprega dispositivos documentais integrados de xeito natural, facendo fincapé en tres importantes nocións da cultura popular: comunidade, transmisión e transcendencia.
Ademais, a longametraxe de animación seleccionada pola Comisión Directiva de Avaliación de Proxectos de Apoio á Produción Cinematográfica da CRTVG é Chica e lobo, historia de suspense e fantasÃa con claras referencias ao anime xaponés e ao cómic francés. A cinta, producida por Xosé Zapata, será dirixida por Roc Espinet.
Os dous proxectos documentais apoiados nesta convocatoria son Xalundes, no que o director Xacio Baño transforma a lenda do Monte Medulio nunha escusa para aprender a mirar cara a montaña; e o proxecto Todo é cárcere, de FÃlmika Galaika, que será dirixido por Eloy Enciso. Trátase dun documental creativo de memoria histórica que propón unha viaxe polo territorio español a partir dos lugares nos que existiron campos de concentración e que destaca por contrapoñer os relatos sobre o dÃa a dÃa daquela reclusión co estado e usos deses espazos hoxe en dÃa.